Quen somos

Somos unha distribuidora cinematográfica especializada en filmes de cinema independente e de autor contemporáneo, cinema de patrimonio en copias restauradas e unha especial atención a novos cineastas e óperas primas.

O noso labor editorial caracterízase por un coidado traballo de selección, cun número limitado de títulos estreados cada tempada de todos os xéneros. Buscamos filmes que sempre achegan algo novo ao cinema, que despois de velos continúan inquietándonos e que durante a proxección espertan sensacións ou ideas que antes nos eran descoñecidas. Filmes que permanecen no noso recordo co paso dos anos.

Ramiro Ledo Cordeiro
Fundador, director e responsable de adquisicións

Licenciado en Ciencias da Comunicación pola USC (Santiago de Compostela) con estadía na Université Paris 8. Máster en Documental Creativo pola UAB e Estudos Cinematográficos e Audiovisuais Contemporáneos pola UPF (Barcelona).

Diana Santamaria Varas
Directora de distribución, marketing e comunicación

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola UPF (Barcelona). Máster en Estudos Cinematográficos na Université Paris III Sorbonne Nouvelle e en Valoración do Patrimonio e Programación na Université Paris 8.

Icíar Puig Lozano
Administración

Licenciada en Ciencias Empresariales pola Universidad Complutense de Madrid coa especialidade Auditoría.
Ver máisPechar
Traballou como asesora administrativa, fiscal, contable e financeira en distintas compañías. Amais de formadora para persoal non financeiro e emprendedores é experta en masaxe facial xaponés kobido.

Fidel Ojea González
Programación, comunicación e materiais

Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo e Máster en Teoría e Crítica da Cultura pola Universidad Carlos III (Madrid).