Os verdes anos

de Paulo Rocha

Portugal

1963, 89 minutos, +12

Julio, de dezanove anos, chega a Lisboa desde o campo para vivir co seu tío Afonso e traballar de zapateiro. Pronto coñece a Ilda, unha rapariga do servizo doméstico que visita con frecuencia o taller onde traballa e de quen lle seduce a súa independencia e desenvoltura. Ambos comezan un romance que se ve truncado polo choque coa súa realidade cotiá.

Inédita en España, a ópera prima de Paulo Rocha, filmada nun esplendoroso branco e negro, é a punta de lanza do novo cinema luso, o filme que “o mellor cinema portugués é herdeiro de Paulo Rocha” (João Bénard da Costa).

Estrea en galego coa colaboración de:

Cartel Os verdes anos

Retrospectiva Paulo Rocha