O león dorme esta noite

de Nobuhiro Suwa

Francia

2017, 103 minutos, Apto para todas as idades

Jean, un nomeado actor de cinema, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d’Os 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.

  • Produción: FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End.
  • Reparto: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard
  • Versión orixinal: Francés
  • Subtítulos: Español, Galego
  • Data de estrea: 27/04/2018
  • Descargas

    Dispoñible en