Mudar de vida
de Paulo Rocha
Portugal
1966, 94 minutos, +12
Adelino volve á vila mariñeira onde naceu tras un tempo no exército loitando en Angola. Ao seu regreso descobre que a súa antiga moza Júlia, farta de esperalo, casou co seu irmán Raimundo. Mentres intenta recuperar o favor da súa amada, Adelino coñece a Albertina, unha moza decidida a escapar da pobreza a calquera prezo. Ela sementa no seu corazón a esperanza de cambiar a súa vida. Coescrito xunto a António Reis (e inspirada nos traballos de Manoel de Oliveira), MUDAR DE VIDA é un filme engaiolante, iluminado pola presenza de Isabel Ruth e a autenticidade dos pescadores locais.
Estrea en galego coa colaboración de:
- Reparto: Geraldo Del Rey, Isabel Ruth, Maria Barroso, João Guedes
- Versión orixinal: Portugués
- Subtítulos: Español, Galego, Catalán, Galego [cc]
- Data de estrea: 16/01/2023 Descargas
Dispoñible en
Retrospectiva Paulo Rocha
Calificación por idades: +12
Queres proxectar este filme?
* Campo obrigatorio