Mimosas
de Oliver Laxe
España, Marrocos, Francia, Qatar
2016, 96 minutos, +7
Unha caravana atravesa as montañas do Atlas marroquí coa misión de conducir ao patriarca moribundo ao pobo onde naceu, no que espera atopar ao fin repouso. A viaxe preséntase chea de incógnitas, pero Ahmed e Saïd, dous buscavidas, aseguran coñecer o camiño. Noutro lugar, se cadra noutra época, Shakib, bufón entre os taxistas, é recrutado coa encomenda de vixiar a caravana e asegurar que a viúva do patriarca vexa cumprida a promesa da tribo. Desorientados, terán que superar a neve, a persecución, o asalto e o rapto, mais nun xiro quixotesco, Shakib fará que «as mulas voen» para atravesar as infranqueábeis montañas e transformar coa súa fe o destino da expedición.
Ver na casa
- Produción: Zeitun Films
- Reparto: Ahmed Hammoud, Shakib Ben Omar, Saïd Aagli, Ikram Anzouli, Ahmed El Othemani, Hamid Fardjad
- Versión orixinal: Árabe
- Subtítulos: Español, Galego
Dispoñible en
Calificación por idades: +7
Queres proxectar este filme?
* Campo obrigatorio