Introduction

Estrea 11 de marzo

de

Corea

2020, 66 minutos, +12

Youngho navega entre o seu soño de se converter en actor, os seus dilemas amorosos e as expectativas dos seus pais: un prestixioso acupuntor co que mantén unha relación distante e unha nai inqueda que o anima a centrarse na súa carreira. Cando a súa moza Juwon decide viaxar a Berlín para estudar deseño de moda, Youngho sorpréndea cunha visita.

Un conto de inverno en tres movementos onde un sorriso compartido, un abrazo inesperado ou un baño no mar xeado poden ser unha oportunidade para comezar de novo.

Cartel Introduction
  • Produción: Jeonwonsa Film Co.
  • Reparto: Shin Seokho, Park Miso, Kim Youngho, Ye Jiwon, Ki Joobong, Seo Younghwa, Kim Minhee, Cho Yunhee, Ha Seongguk
  • Versión orixinal: Coreano
  • Subtítulos: Español, Catalán, Galego