In Water

de Hong Sangsoo

Corea

2023, 61 minutos, +7

Na paradisiaca illa de Jeju, un actor mozo, Seoungmo, decide poñer a proba a súa creatividade dirixindo unha curtametraxe coa axuda de dous antigos compañeiros de clase: Namhee será a actriz protagonista e Sangguk encargarase da fotografía. Mentres deambulan pola costa en busca de inspiración, Seoungmo albisca unha muller na praia e achégase a falar con ela. Este singular encontro e unha lonxana canción de amor vano inspirar na rodaxe do seu filme.

Estrea en galego coa colaboración de:

Cartel In Water