Francisca

de Manoel de Oliveira

Portugal

1981, 166 minutos, +12

FRANCISCA, de Manoel de Oliveira, retrato dunha historia de amor obsesiva, está baseada nunha novela de Agustina Bessa-Luís, cuxa obra adaptará máis veces no futuro.
O libro narra unha pasaxe problemática na vida real do autor Camilo Castelo Branco, na que o seu amigo José Augusto se embarca nun xogo conxugal perverso do gato e o rato con Francisca, a muller que amaba o novelista. Esta historia levou Oliveira a imaxinar novos níveis de forma e estilo; tamén contribuíu que a súa esposa, parente lonxana da histórica Francisca, puxese nas súas mans un alixo das súas cartas.

Cos seus elaborados cartóns de intertítulos, a abundancia de planos en que a acción se orienta directamente cara á cámara, os seus lúgubres interiores e os seus espectaculares escenarios de gala, FRANCISCA é unha experiencia cinematográfica esixente, suntuosa e absolutamente inimitábel e un dos logros máis importantes de Oliveira. Supón asemade o inicio dunha colaboración que a partir dese momento será longa e vizosa coa escritora Agustina Bessa-Luís e co produtor Paulo Branco.

FRANCISCA estreouse en 1981 na Quinzaine des Réalisateurs do Festival de Cannes. A copia que presentamos ten a súa orixe na dixitalización 4K do negativo de cámara 35mm. conservado pola Cinemateca Portuguesa. A etalonaxe (Cinemateca Portuguesa) e a restauración dixital (IrmaLucia) fixéronse empregando unha copia de época como referencia. O son dixitalizouse a partir dun positivo de son tirado pola Cinemateca Portuguesa.

Estrea en galego coa colaboración de:

Cartel Francisca
  • Produción: Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema
  • Reparto: Teresa Menezes, Diogo Dória, Mário Barroso, Rui Mendes, Paulo Rocha, Sílvia Rato, António Caldeira Pires, Alexandre Melo
  • Versión orixinal: Portugués
  • Subtítulos: Español, Galego, Galego [cc]
  • Data de estrea: 28/01/2022
  • Descargas

    Dispoñible en