Eureka

de

Francia, Arxentina, Alemaña, Portugal, México

2023, 147 minutos, +16

Un cowboy solitario (Viggo Mortensen) adéntrase nunha vila sen lei en busca de vinganza. Paralelamente, na reserva de Pine Ridge, en Dakota do Sur, Alaina está cansa do seu traballo como policía e deixa de responder as alertas de radio unha fría noite de inverno. A súa sobriña Sadie pasa a noite agardándoa, en van. Coa axuda do seu avó, Sadie decide emprender unha viaxe a través do tempo e o espazo até un lugar en Sudamérica, onde poderá deixar de lado vellos westerns en branco e negro que non a representan, para centrarse en escoitar os soños e os relatos doutras persoas, as que aínda viven na selva.

Os paxaros non falan cos humanos, pero se puideramos entendelos, terían moitas verdades que contarnos.

Cartel Eureka
  • Produción: Slot Machine, 4L, Luxbox, Komplizen Film, Rosa Filmes, Woo Films, Le Pacte
  • Reparto: Viggo Mortensen, Chiara Mastroianni, Alaina Clifford, Sadie Lapointe, Villbjørk Malling, Adanilo, Marcio Marante, Luisa Cruz, Rafi Pitts
  • Versión orixinal: Inglés, Portugués, Lakota
  • Subtítulos: Español, Catalán, Galego
  • Data de estrea: 14/06/2024
  • Descargas