Danzas macabras, esqueletos e outras fantasías
de Rita Azevedo Gomes
Francia, Portugal
2019, 110 minutos, +16
A danza macabra é un antigo xénero artístico, representación alegórica da morte como danzante esqueleto que nos lembra que os goces mundanos teñen o seu fin. Escoitar falar a Jean-Louis Schefer (escritor, filósofo, crítico e teórico de cinema) das danzas macabras, é sen dúbida un goce mundano, aquí envolto en paisaxes portuguesas, museos e abadías. E filmado por Rita Azevedo, que compón cada plano coma se fose un cadro, e editado por Pierre Léon, que pon en paralelo ás súas palabras un lúdico percorrido pola historia do cinema, das Silly Simphonies a Renoir, Mizoguchi e Buñuel.
Ver na casa
- Produción: Barberousse Films (François Martin Saint Léon), Basilisco Filmes (Rita Azevedo Gomes), Garidi Films (Consuelo Frauenfelder).
- Reparto: Rita Azevedo Gomes, Pierre Léon, Jean-Louis Schefer
- Versión orixinal: Francés
- Subtítulos: Español, Galego
Dispoñible en
Calificación por idades: +16
Queres proxectar este filme?
* Campo obrigatorio