Correspondencias

de Rita Azevedo Gomes

Portugal

2016, 145 minutos, Apto para todas as idades

Sophia de Mello Breyner Andresen e Jorge de Sena son dous dos escritores portugueses máis importantes do século XX. O exilio de Jorge, perseguido polo salazarismo, iníciase en Brasil en 1959 e continúa nos Estados Unidos, onde falece en 1978. Nunca regresou a Portugal. Estas cartas, postas en escena de maneira exemplar por Rita Azevedo Gomes, unen na distancia a Jorge e Sophia, alimentando unha complicidade afectiva e intelectual que manterán até a fin das súas vidas. A súa correspondencia e os seus poemas atravesan corpos, idiomas, países e imaxes nun filme-ensaio onde historia, política, pasado e futuro se mesturan con liberdade e absoluta mestría cinematográfica.

  • Produción: C.R.I.M. Productions
  • Reparto: Rita Durão, Luís Miguel Cintra, Mário Barroso, Tânia Dinis, Anna Leppänen, Pierre Léon, Francisco Nascimento, Luna Picoli-Truffaut, Hugo
  • Versión orixinal: Portugués
  • Subtítulos: Español, Galego
  • Data de estrea: 02/06/2017
  • Descargas

    Dispoñible en