Abrázame forte

de

Francia

2021, 97 minutos, +12

Clarisse marcha da casa e deixa o seu home Marc e máis os pequenos. A vida continúa tras a súa fuxida: o seu home prepara agora os almorzos, a súa filla Lucie entrégase en corpo e alma ás leccións de piano e Paul, o máis novo, non deixa de se facer preguntas. Entre tanto, Clarisse afástase cara ao mar, no coche, e imaxina como os seus fillos medran e como Marc se fai vello sen ela. Pero é en realidade unha fuxida cara a diante? Se cadra Clarisse só quere comezar de novo, inventar un novo final.

Esta é a historia dunha muller que se vai.

Co financiamento de:

Cartel Abrázame forte
  • Produción: Les Films du Poisson
  • Reparto: Vicky Krieps, Arieh Worthalter, Anne-Sophie Bowen-Chatet, Sacha Ardilly, Juliette Benveniste, Aurèle Grzesik, Aurélia Petit, Erwan Ribard, Clémentine Carrié, Cuca Baneres Flos
  • Versión orixinal: Francés
  • Subtítulos: Español, Catalán, Galego, Español [cc]
  • Fecha de estreno: 25/11/2022
  • Descargas

    Dispoñible en