A vinganza dunha muller

de

Portugal

2012, 104 minutos, +12

Roberto é vítima dun profundo fastío outonal, o de quen esgotou todos os praceres da vida. Un dandi, dirán uns; un libertino, dirán outros. Unha noite, de regreso aos salóns lisboetas tras unha longa viaxe, crúzase por azar cunha muller misteriosa, esposa dun dos homes máis ricos de España. Este inesperado encontro cunha historia de amor absoluto e crime atroz trastornará para sempre a súa visión do mundo.

Unha adaptación libre do relato homónimo incluído en Las diabólicas (1874), de Jules Barbey d’Aurevilly.

  • Produción: C.R.I.M. Productions
  • Reparto: Rita Durão, Fernando Rodrigues, Hugo Tourita, Duarte Martins, Francisco Nascimento, Marie Carré, João Pedro Bénard, Manuel Mozos, André Gomes, João Reis, Susana Moody, António Azevedo Gomes, Anna Leppänan e participación especial de Isabel Ruth
  • Versión orixinal: Portugués
  • Subtítulos: Español, Galego
  • Data de estrea: 20/05/2016
  • Descargas

    Dispoñible en